Secretaría Xeral de Política de Defensa
Secretaría Xeral de Política de Defensa | |
---|---|
Tipo | secretaría xeral |
Organización matriz | Ministerio de Defensa de España |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Secretaría Xeral de Política de Defensa (SEGENPOL) é unha secretaría xeral de España dependente do Ministerio de Defensa.
Titular
[editar | editar a fonte]O actual titular da Secretaría Xeral de Política de Defensa é Alejandro Enrique Alvargonzález San Martín, desde 2012.[1]
Funcións e estrutura
[editar | editar a fonte]X Lexislatura
[editar | editar a fonte]A Secretaría Xeral de Política de Defensa é o órgano directivo do Ministerio ao que lle corresponde o desenvolvemento e execución da política de defensa, as relacións neste ámbito con outros departamentos ministeriais, en especial co Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, as relacións bilaterais con outros estados e coas organizacións internacionais de seguridade e defensa, baixo o principio de unidade de acción exterior do Estado, así como o desenvolvemento da diplomacia de defensa e a contribución á condución de crise e emerxencias.[2][nota 1]
Corresponde, en particular, á Secretaría Xeral de Política de Defensa:[2]
- Efectuar o seguimento e avaliación da situación internacional no ámbito da política de seguridade e defensa.
- Propor directrices de política de defensa.
- Dirixir o Plan de Diplomacia de Defensa.
- Conducir as relacións bilaterais cos estados en materia de política de defensa.
- Dirixir a participación do Ministerio nas organizacións internacionais de seguridade e defensa.
- Dirixir a elaboración dos tratados, acordos e convenios internacionais que afecten á defensa, en coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.
- Coordinar a contribución do Ministerio á acción do Estado para facer fronte a situacións de crises e emerxencias.
- Planificar a contribución española ao plan civil de emerxencia nas organizacións internacionais de seguridade e defensa.
- Dispor a actuación do Departamento en materia de control de armamento, non proliferación e desarmamento.
- Propor e coordinar a política cultural de seguridade e defensa e a promoción da conciencia de defensa nacional.
O Secretario Xeral de Política de Defensa ostenta a representación do Ministerio, por delegación do Ministro, nos casos en que este se a encomende e, en especial, ante as organizacións internacionais de seguridade e defensa das que España forme parte.
Así mesmo, corresponde ao Secretario Xeral de Política de Defensa:[2]
- Presidir a Comisión Interministerial de Defensa.
- Actuar de Secretario do Consello de Defensa Nacional.
- Presidir a Comisión de Coordinación da Actividade Internacional do Ministerio de Defensa.
O Secretario Xeral de Política de Defensa dispón dun Gabinete Técnico, como órgano de apoio, asesoramento e asistencia inmediata.
Da Secretaría Xeral de Política de Defensa depende a Dirección Xeral de Política de Defensa (DIGENPOL).[2]
Tamén depende do Secretario Xeral de Política de Defensa a División de Coordinación e Estudos de Seguridade e Defensa (DICOES), á que lle corresponde a coordinación da actividade dos centros e Institutos de estudos dependentes do Ministerio encamiñada á difusión da cultura de seguridade e defensa, así como o impulso dos estudos neste ámbito.[2]
Así mesmo, están adscritas á Secretaría Xeral de Política de Defensa:[2]
- A Comisión Interministerial de Defensa.
- A Sección española do Comité Permanente Hispano-Norteamericano.
- A Comisión de Coordinación da Actividade Internacional do Ministerio de Defensa.
Dependen da Secretaría Xeral de Política de Defensa as agregarías de defensa nas misións diplomáticas de España no exterior e os conselleiros de defensa nas representacións permanentes ante as organizacións internacionais, nos termos regulados na súa normativa específica.
No exercicio das súas competencias de difusión da cultura de seguridade e defensa, o Instituto Español de Estudos Estratéxicos depende funcionalmente do Secretario Xeral de Política de Defensa.
Notas
[editar | editar a fonte]- Notas
- ↑ O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.
- Referencias
- ↑ elcomercio.es (13 de xaneiro de 2012). "Alvargonzález asume la tarea de impulsar la presencia española en los foros internacionales" (en español).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Real Decreto 454/2012, de 5 de marzo, por el que se desarrolla la estructura orgánica básica del Ministerio de Defensa". 5 de marzo de 2015. Consultado o 14 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web (en castelán)